InicioCentralBurelaInvestigan un veciño de Burela por falsidade documental poñendo como avalista a...

Investigan un veciño de Burela por falsidade documental poñendo como avalista a unha persoa sen o seu consentimento

As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Burela de 41 anos de idade como presunto autor dos delitos de usurpación de estado civil e falsidade documental, en relación a un documento privado, por pór como avalista dun contrato de aluguer a unha persoa sen o seu consentimento.

Segundo informou o Instituto Armado, o presunto autor dos feitos puxo como avalista a unha terceira persoa sen o seu consentimento e supostamente falsificou a firma no contrato de aluguer dunha vivenda situada na localidade lucense de Burela.

As mesmas fontes, engadiron que reclamou ás persoas avalista 550 euros máis os intereses polas mensualidades pendentes de abono do aluguer.

As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...